Este pasado luns 22 instalouse no acuario Finisterrae da Coruña un BioHut como parte das actividades previstas no proxecto europeo Ocean Connections.

O BioHut é un dispositivo para promover o crecemento de invertebrados e pequenos peixes en augas costeiras. Consiste nun sistema de gaiolas e un núcleo de pedra volcánica no que poden atopar acubillo larvas e pequenos organismos que chegan ao acuario dende a captación de auga situada na baía da Coruña.

Instalouse no Piscinarium onde viven as focas do acuario e periódicamente gravaranse 360 vídeos e imaxes para estudar o proceso de colonización natural.{:}